1. |
Despois do baile
02:59
|
|||
Coma se estiveran feitas de vento
as túas entrañas
coma se nacera nas mans do soño a luz
que te atravesara
Coma se pra salvarme
tan só precisara
acuruxarme a carón da túa alma
|
||||
2. |
O teu costume do azar
03:48
|
|||
Onte fiquei esperto
soldado contra a súa sombra
murmurándolle paisaxes
como o mar ás rochas
onte fiquei esperto
vendo instalarse o inverno
entre montañas retorcidas
polos seus pesadelos
Ata que apareciches ti
e me abanaches no berce do cometa
e esvaecéronse
a noite e a brétema
Eu pisaba o acelerador
sobre o xeo que compartiramos
porque non podía agardar
a pasar o resto da miña vida ó teu lado
a que o sol quecera
as túas pernas e os meus brazos
e nos mantivésemos coma unha foto
dun álbum rematado
Ata que apareciches ti
e me abanaches no berce do cometa
e esvaecéronse
a noite e a brétema
Os teus cabelos son as raíces da miña alma
|
||||
3. |
Suicidio tímido
02:09
|
|||
Non tes que sentirte culpable
por tentar ser feliz
só tes que seguir buscando
porque só tes que seguir
E xa o vento decidirá
a que lado da liña pertencemos
se ti e mais eu
aínda estamos a tempo
E nunca me cansarei de esperarte
porque nunca me cansarei de mirarte
esquecendo o por que
ata que só sexa noso
E xa o vento decidirá
a que lado da liña pertencemos
se ti e mais eu
aínda estamos a tempo
E non me importa se eles tiñan razón
se eu non sirvo para isto
porque pagou a pena estar vivo
tan só por tentalo contigo
|
||||
4. |
Xi
02:42
|
|||
Sei que segues pescando de noite
sei que segues sen durmir
que debuxas na miña mesa
na que sempre almorzo sen ti
aquí, que nunca remata
pero detodas formas
sempre son os demais
anxos que nos recordan
Só se pode viaxar con quen se ama
Como brisa que entra pola fiestra
dun apartamento fronte ó mar
coñeces a xeometría da dor
e coñeces o seu alento
acariciando a beira nevada
da maxia esta madrugada
Só se pode viaxar con quen se ama
Eu ámote
non teñas medo
camiño
sempre contigo
|
||||
5. |
||||
O teu nome flotaba no aire
a virxe María miraba axeonllada
nervios engurrando os meus dedos
e os teus dedos
apertando cicatrices tan forte
ata sentir debaixo o sangue
namorado
por moito que corras
tódolos días rematan
rodeados de monos e de balas
Nada se me perdeu no abismo
e o único que quero é estar contigo
|
||||
6. |
A elegancia da alegría
05:31
|
|||
Bailando
a luz do sol que xa se puxo
Bailando
a calor dun motor que xa se apagou
Bailando nas aforas do mundo
nolos dous sós
bailando e morrendo de amor
Instrumentos soando tras o vendaval
na última celebración da nosa entrega
Labios tremendo unha oración
por todas as ondas que morren na praia
Sobre a nosa propia brancura
|
||||
7. |
||||
Outra vez
no remuíño
que consagran
os teus xestos
xunto
a coitelos de luz
e ruidosas
sombras de insectos
e esa voz
murmurándome
Déixate levar
déixate levar
déixate levar
por este río de paz
Dispararei contra as miñas pernas
deixareime coller
mudarei o meu futuro
e o meu pasado
outra vez
e esa voz
murmurándome
|
||||
8. |
Ensíname a durmir
01:55
|
|||
Adoro o teu corpo
adoro os teus movementos
cara á eternidade
sempre cara a dentro
Quérote tanto
morrería agora por ti
nesta sala de espera verde
que se desborda ante min
Ninguén quixo nunca
como eu te quero a ti
Ninguén quixo a ninguén
como te quero eu a ti
|
||||
9. |
|
|||
No silenzo das súas mans
cando mirou á fronte
no silencio do aire
no silencio dos montes
non podía pensar
noutra cousa ó subir ó coche
non quería chegar
a outro sitio aquela noite
Cando soubeches que rematou esa aperta?
Cando soubeches que rematou esa aperta?
A onde imos agora?
parece que arde o mar
eu só quero que volva
ti non me soltes a man
Cando soubeches que rematou esa aperta?
cando soubeches que rematou esa aperta?
Que todo pasa tan rápido
que todo volve pasar
Cando soubeches que rematou esa aperta?
Cando soubeches que non volverías vela?
vela
|
||||
10. |
||||
Frío inundando a paixón
Preguntas sobre máis preguntas
pulmóns recontando as ruínas
da nosa mitoloxía
Naufraxio de claridade
abono de cinza
gangrena de opinión
movéndose baixo as pupilas
Xira sobre min mesmo
desordena a beleza
cumpre con lume
todo o que nos queda
Follas mirándome poderosas
mentres caen do teu corpo
peiteando con dozura
a néboa do corredor
|
||||
11. |
||||
Ti tremabas coma sementes coa beleza das vítimas
sei que sempre o recordarei, os meus bicos berrando na túa pel
pintando a nosa propia derrota sobre o bordo da vía
pegando as nosas proxeccións porque non vale nada a vida
Termando dunha árbore afogada ata que me deixe ir
nunha viaxe sen volta a esperar por ti
As cousas deixan de ser cousas porque xa non se enchen do teu olor
os meus dentes cren cando sangras sorteando as palabras
arrastrándonos de medo porque non dura nada o tempo
O fume debe poder verse a quilómetros pensou
xa sei que despois de ti non hai nada
O fume debe verse a quilómetros
despois de ti non hai nada
|
||||
12. |
A túa presa
01:51
|
|||
Esperareite
como as sombras dos barcos
esperan a noite
impacientes
por volverse todo
|
Chicharrón Carballo, Spain
"Y canta, luego, si puedes, si nadie escucha, lo que te queda por no decir". Ida Vitale
Streaming and Download help
If you like Chicharrón, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp