Cancións Clínicas

by Chicharrón

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    Edición limitada de 200 copias en CD, presentado en carpeta tipo gatefold de dimensións semellantes ás dun vinilo 7". Protexida por unha funda plástica de alta densidade. O deseño gráfico foi realizado por Prenom e o packaging concebiuno Roi Fernández.

    Edición limitada de 200 copias en CD, presentado en carpeta tipo gatefold de dimensiones parecidas a las de un vinilo 7". Está protegida por una funda plástica de alta densidad. El diseño gráfico fue realizado por Prenom y el packaging por Roi Fernández.

    Includes unlimited streaming of Cancións Clínicas via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 2 days

      €10 EUR or more 

     

1.
2.
3.
00:44
4.
5.
6.
7.
00:26
8.
9.
01:11
10.
11.

about

Editado por Prenom. 2018

Contacto/Contratación: chicharronbanda@gmail.com
Prenom: mar@prenom.gal

Producido por Rubén Domínguez.

Gravado e mesturado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma
www.terraforma-studio.com

Masterizado por Roberto Mallo.

Todas as cancións compostas por Chicharrón.
Letras: Alberto M. Vecino agás "No seu despregar", poema de Gonzalo Hermo titulado orixinalmente "O dó", contido na antoloxía "No seu despregar", editada por Apiario, 2016

Deseño visual: Prenom.

credits

released November 9, 2018

license

tags

about

Chicharrón Carballo, Spain

Chicharrón fórmase a principios do 2014 en Carballo, Galiza. En xuño editan o seu primeiro álbum "Chicharrón" (Prenom, 2014). Tras unha calurosa acollida de público e crítica, en marzo do 2016, editan o seu segundo disco, Postal (Prenom, 2016). En marzo de 2017 editan o sinxelo "Contra acantilados" e en setembro "Na cela". En novembro do 2018 publican "Cancións Clínicas", o seu terceiro álbum. ... more

contact / help

Contact Chicharrón

Streaming and
Download help

Track Name: Que máis nos queda por dicir?
Xa se converteu a ilusión en decepción
e non importa nada

Xa non queda nada despois do cristal
e iso é todo o que quero

Nada de nada - grazas - de nada
e non importa se quedas ou non

Nada de nada se esperto ou non
Track Name: A túa gravidade
Cans mordendo
Sacos de cabelo
Nos campos da
Matanza
Xa non temos
Nada que dicir
Xa podemos
Comezar

O gran desfile
Nas marxes do seu dominio
Un valse perfecto
De máscaras de noite súbita

Vivimos no exótico da devastación
Minguamos ao ritmo das pegadas dun delirio
Fronte a reflexos do pasado
Que nos acompaña sempre
Formando un estraño código de cortesía

De máscaras de noite súbita
Track Name: Que tempo fará?
Un mapa voando entre os seus dedos
Rodando pola area até chegar ao mar
Flotando un momento antes de afundir
Como a esperanza nun berro de perda

Que atravesa voces de fondo e libélulas

Xa todo é carnizaría en nós

Xa somos os seguintes
Nós os dous
Track Name: Non creo nada do que venden
Sentados na parte de atrás
Da noite que percorre o seu corpo
Recollendo os nosos latexos
Da velocidade dos soños

So quero quedar aquí contigo

Sostendo o murmurio que queda
No leito seco do río
O salvaxe abandono
Dun animal de circo

So quero quedar aquí contigo
Un pouco máis

Soprando na asfixia da súa
escuridade
Enterrando pantasmas
no seu reverso
Fuxindo mediante
Amputacións
Como frases arrincándose
Os ollos
Nunha canción
Track Name: O espanto (occidental)
Él dirixe o silencio coa sua a man
E as veces deixa que nos roce
Que esculpa na nosa dor
Formando pequenas fervenzas de carne
Branca e de distorsión
Un rastro de frío de cada derrota
Alentando o recordo da ascensión
Unha enchente de intuición podre
Anegando a súa boca a claustrofobia
De non poder esquecernos
Tránsito abríndose no salto
Afiando o tempo na súa pel
Nunha danza brutal
Inxectando leves doses de febre
En raíces con forma de esqueletos de campás
Herba calando os seus escombros
Nunha coreografía de ás sometidas
Desordenando a súa soidade
Derrubando o íntimo entre as súas pálpebras
A dignidade é unha pedra
Nun escaparate
Un pecio no fondo dunha luz secuestrada
Por unha crenza de insectos
O común nun espazo de azar e resistencia
Na súa mirada entrando no teatro
Para o primeiro ensaio xeral
Estendender o brazo e tocar o ventre
Dunha nena afogada
Porque cando só queda o cando
Cada segundo é un violador
Agochado entre as ramas
Xa non podo máis dime onde está
A túa compaixón agora
Track Name: Que máis dará?
Ninguén nos salvará de nada porque non hai nada do que nos teñan que salvar

No hai nada tras o túnel
Non hai nada tras a nube de po
No hai nada tralo lume
Noy hai nada tralo fondo

Xesús chamounos polo seu nome
E todo cambiou para ser a mesma canción
Noi hai nada tras a almofada
No hai nada de nada tras o amor meu amor
Track Name: Hai que comer!
Peixes vermellos nun horizonte
De desertos esvarando
Amantes nun coche sen cristais
Que nunca aprenderon a esquecerse

Nenos sen brazos
Xogando na fin do vento
Que arrastra ao seu paso cadáveres e
Ruínas de aldeas extintas

Non quero volver
A un mundo onde ti non estás

E canto máis alto subamos
Mellor se verá o camiño
Xa comezou a medrar
O noso asasino
Track Name: No seu despregar
"No seu despregar" é un poema de Gonzalo Hermo titulado orixinalmente "O dó", contido na antoloxía "No seu despregar", editada por Apiario, 2016

If you like Chicharrón, you may also like: