We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Canci​ó​ns Cl​í​nicas

by Chicharrón

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Edición limitada CD - Esgotado
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Edición limitada de 200 copias en CD, presentado en carpeta tipo gatefold de dimensións semellantes ás dun vinilo 7". Protexida por unha funda plástica de alta densidade. O deseño gráfico foi realizado por Prenom e o packaging concebiuno Roi Fernández.

    Edición limitada de 200 copias en CD, presentado en carpeta tipo gatefold de dimensiones parecidas a las de un vinilo 7". Está protegida por una funda plástica de alta densidad. El diseño gráfico fue realizado por Prenom y el packaging por Roi Fernández.

    Includes unlimited streaming of Cancións Clínicas via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Xa se converteu a ilusión en decepción e non importa nada Xa non queda nada despois do cristal e iso é todo o que quero Nada de nada - grazas - de nada e non importa se quedas ou non Nada de nada se esperto ou non
2.
Cans mordendo Sacos de cabelo Nos campos da Matanza Xa non temos Nada que dicir Xa podemos Comezar O gran desfile Nas marxes do seu dominio Un valse perfecto De máscaras de noite súbita Vivimos no exótico da devastación Minguamos ao ritmo das pegadas dun delirio Fronte a reflexos do pasado Que nos acompaña sempre Formando un estraño código de cortesía De máscaras de noite súbita
3.
_ 00:44
4.
Un mapa voando entre os seus dedos Rodando pola area até chegar ao mar Flotando un momento antes de afundir Como a esperanza nun berro de perda Que atravesa voces de fondo e libélulas Xa todo é carnizaría en nós Xa somos os seguintes Nós os dous
5.
Sentados na parte de atrás Da noite que percorre o seu corpo Recollendo os nosos latexos Da velocidade dos soños So quero quedar aquí contigo Sostendo o murmurio que queda No leito seco do río O salvaxe abandono Dun animal de circo So quero quedar aquí contigo Un pouco máis Soprando na asfixia da súa escuridade Enterrando pantasmas no seu reverso Fuxindo mediante Amputacións Como frases arrincándose Os ollos Nunha canción
6.
Él dirixe o silencio coa sua a man E as veces deixa que nos roce Que esculpa na nosa dor Formando pequenas fervenzas de carne Branca e de distorsión Un rastro de frío de cada derrota Alentando o recordo da ascensión Unha enchente de intuición podre Anegando a súa boca a claustrofobia De non poder esquecernos Tránsito abríndose no salto Afiando o tempo na súa pel Nunha danza brutal Inxectando leves doses de febre En raíces con forma de esqueletos de campás Herba calando os seus escombros Nunha coreografía de ás sometidas Desordenando a súa soidade Derrubando o íntimo entre as súas pálpebras A dignidade é unha pedra Nun escaparate Un pecio no fondo dunha luz secuestrada Por unha crenza de insectos O común nun espazo de azar e resistencia Na súa mirada entrando no teatro Para o primeiro ensaio xeral Estendender o brazo e tocar o ventre Dunha nena afogada Porque cando só queda o cando Cada segundo é un violador Agochado entre as ramas Xa non podo máis dime onde está A túa compaixón agora
7.
_ 00:26
8.
Ninguén nos salvará de nada porque non hai nada do que nos teñan que salvar No hai nada tras o túnel Non hai nada tras a nube de po No hai nada tralo lume Noy hai nada tralo fondo Xesús chamounos polo seu nome E todo cambiou para ser a mesma canción Noi hai nada tras a almofada No hai nada de nada tras o amor meu amor
9.
_ 01:11
10.
Peixes vermellos nun horizonte De desertos esvarando Amantes nun coche sen cristais Que nunca aprenderon a esquecerse Nenos sen brazos Xogando na fin do vento Que arrastra ao seu paso cadáveres e Ruínas de aldeas extintas Non quero volver A un mundo onde ti non estás E canto máis alto subamos Mellor se verá o camiño Xa comezou a medrar O noso asasino
11.
"No seu despregar" é un poema de Gonzalo Hermo titulado orixinalmente "O dó", contido na antoloxía "No seu despregar", editada por Apiario, 2016

about

Editado por Prenom. 2018

Contacto/Contratación: chicharronbanda@gmail.com
Prenom: mar@prenom.gal

Producido por Rubén Domínguez.

Gravado e mesturado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma
www.terraforma-studio.com

Masterizado por Roberto Mallo.

Todas as cancións compostas por Chicharrón.
Letras: Alberto M. Vecino agás "No seu despregar", poema de Gonzalo Hermo titulado orixinalmente "O dó", contido na antoloxía "No seu despregar", editada por Apiario, 2016

Deseño visual: Prenom.

credits

released November 9, 2018

license

tags

about

Chicharrón Carballo, Spain

"Y canta, luego, si puedes, si nadie escucha, lo que te queda por no decir". Ida Vitale

contact / help

Contact Chicharrón

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Chicharrón, you may also like: