We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Postal

by Chicharrón

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Coma se estiveran feitas de vento as túas entrañas coma se nacera nas mans do soño a luz que te atravesara Coma se pra salvarme tan só precisara acuruxarme a carón da túa alma
2.
Onte fiquei esperto soldado contra a súa sombra murmurándolle paisaxes como o mar ás rochas onte fiquei esperto vendo instalarse o inverno entre montañas retorcidas polos seus pesadelos Ata que apareciches ti e me abanaches no berce do cometa e esvaecéronse a noite e a brétema Eu pisaba o acelerador sobre o xeo que compartiramos porque non podía agardar a pasar o resto da miña vida ó teu lado a que o sol quecera as túas pernas e os meus brazos e nos mantivésemos coma unha foto dun álbum rematado Ata que apareciches ti e me abanaches no berce do cometa e esvaecéronse a noite e a brétema Os teus cabelos son as raíces da miña alma
3.
Non tes que sentirte culpable por tentar ser feliz só tes que seguir buscando porque só tes que seguir E xa o vento decidirá a que lado da liña pertencemos se ti e mais eu aínda estamos a tempo E nunca me cansarei de esperarte porque nunca me cansarei de mirarte esquecendo o por que ata que só sexa noso E xa o vento decidirá a que lado da liña pertencemos se ti e mais eu aínda estamos a tempo E non me importa se eles tiñan razón se eu non sirvo para isto porque pagou a pena estar vivo tan só por tentalo contigo
4.
Xi 02:42
Sei que segues pescando de noite sei que segues sen durmir que debuxas na miña mesa na que sempre almorzo sen ti aquí, que nunca remata pero detodas formas sempre son os demais anxos que nos recordan Só se pode viaxar con quen se ama Como brisa que entra pola fiestra dun apartamento fronte ó mar coñeces a xeometría da dor e coñeces o seu alento acariciando a beira nevada da maxia esta madrugada Só se pode viaxar con quen se ama Eu ámote non teñas medo camiño sempre contigo
5.
O teu nome flotaba no aire a virxe María miraba axeonllada nervios engurrando os meus dedos e os teus dedos apertando cicatrices tan forte ata sentir debaixo o sangue namorado por moito que corras tódolos días rematan rodeados de monos e de balas Nada se me perdeu no abismo e o único que quero é estar contigo
6.
Bailando a luz do sol que xa se puxo Bailando a calor dun motor que xa se apagou Bailando nas aforas do mundo nolos dous sós bailando e morrendo de amor Instrumentos soando tras o vendaval na última celebración da nosa entrega Labios tremendo unha oración por todas as ondas que morren na praia Sobre a nosa propia brancura
7.
Outra vez no remuíño que consagran os teus xestos xunto a coitelos de luz e ruidosas sombras de insectos e esa voz murmurándome Déixate levar déixate levar déixate levar por este río de paz Dispararei contra as miñas pernas deixareime coller mudarei o meu futuro e o meu pasado outra vez e esa voz murmurándome
8.
Adoro o teu corpo adoro os teus movementos cara á eternidade sempre cara a dentro Quérote tanto morrería agora por ti nesta sala de espera verde que se desborda ante min Ninguén quixo nunca como eu te quero a ti Ninguén quixo a ninguén como te quero eu a ti
9.
No silenzo das súas mans cando mirou á fronte no silencio do aire no silencio dos montes non podía pensar noutra cousa ó subir ó coche non quería chegar a outro sitio aquela noite Cando soubeches que rematou esa aperta? Cando soubeches que rematou esa aperta? A onde imos agora? parece que arde o mar eu só quero que volva ti non me soltes a man Cando soubeches que rematou esa aperta? cando soubeches que rematou esa aperta? Que todo pasa tan rápido que todo volve pasar Cando soubeches que rematou esa aperta? Cando soubeches que non volverías vela? vela
10.
Frío inundando a paixón Preguntas sobre máis preguntas pulmóns recontando as ruínas da nosa mitoloxía Naufraxio de claridade abono de cinza gangrena de opinión movéndose baixo as pupilas Xira sobre min mesmo desordena a beleza cumpre con lume todo o que nos queda Follas mirándome poderosas mentres caen do teu corpo peiteando con dozura a néboa do corredor
11.
Ti tremabas coma sementes coa beleza das vítimas sei que sempre o recordarei, os meus bicos berrando na túa pel pintando a nosa propia derrota sobre o bordo da vía pegando as nosas proxeccións porque non vale nada a vida Termando dunha árbore afogada ata que me deixe ir nunha viaxe sen volta a esperar por ti As cousas deixan de ser cousas porque xa non se enchen do teu olor os meus dentes cren cando sangras sorteando as palabras arrastrándonos de medo porque non dura nada o tempo O fume debe poder verse a quilómetros pensou xa sei que despois de ti non hai nada O fume debe verse a quilómetros despois de ti non hai nada
12.
A túa presa 01:51
Esperareite como as sombras dos barcos esperan a noite impacientes por volverse todo

about

Contacto/Contratación: chicharronbanda@gmail.com
Prenom: mar@prenom.gal

Producido por Rubén Domínguez.

Gravado e mesturado por Tomás Ageitos no Estudio A Ponte.
www.aponteestudio.com
Roxos, Compostela.

Masterizado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma.
www.terraforma-studio.com
Hío, Cangas do Morrazo.

Todas as cancións compostas por Chicharrón
Carballo. Santiago de Compostela.

Chicharrón son:
Alberto Vecino, Carballo
Diego Gende, Carballo
Mar Catarina, A Lagoa
Rubén Domínguez, Os Campos
Xurxo Meis, Ogrobe

Participaron na gravación de Postal:
Alberto Vecino, Diego Gende, Mara Pérez, Mar Catarina, Xurxo Meis, Tomás Ageitos e Rubén Domínguez

Fotografías e deseño: Mar Catarina

Editado por Prenom, 2016.
Baixo unha licenza Creative Commons CC BY-NC-SA

credits

released March 9, 2016

license

tags

about

Chicharrón Carballo, Spain

"Y canta, luego, si puedes, si nadie escucha, lo que te queda por no decir". Ida Vitale

contact / help

Contact Chicharrón

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Chicharrón, you may also like: