We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Unha fogueira intacta

by Chicharrón

supported by
Urco
Urco thumbnail
Urco Namorado do Outono de fios electricos pero necesito oilo na totalidade
Seguide asi
Favorite track: Outono de fíos eléctricos.
/
  • Record/Vinyl + Digital Album

    O mítico vinilo fabricado en República Checa con fotos e deseño dos irmáns Mella, que está impreso moi finamente.

    Includes unlimited streaming of Unha fogueira intacta via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 7 days
    Purchasable with gift card

      €15 EUR or more 

     

  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

  • Camisetas S-XXL (+ talles infantís e versións axustadas). Esgotadas
    T-Shirt/Apparel + Digital Album

    A mítica camiseta musical deseñada pola gran Antía Van Weill e impresa por Iván de Linda Guilala e Juniper Moon. É como mercar o Thyssen, pero a prezo colega.

    Includes unlimited streaming of Unha fogueira intacta via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

  • Camiseta para quen xa mercou o disco. Esgotada
    T-Shirt/Apparel + Digital Album

    Esta é unha opción especial para as persoas que xa mercáchedes o disco e queredes a camiseta. Non seades langráns/ás, fiámonos da vosa honestidade!

    Includes unlimited streaming of Unha fogueira intacta via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Mergullarte sentir a súa reverberación cambiando o centro de gravidade mergullarte nun mar desfalecido e el na beira chamándote os seus ollos calmando os desexos que quedan na memoria a transformación da perda acariciando a súa inocencia ata sentirse libre penetrando na noite de mil anguías atravesándoa míraa afastándose e o silencio das cordas rompendo as nosas articulacións contra a area porque nunca seremos tan felices como fomos disolvéndonos xa todo está preparado xa están esperándote benvida
2.
ao lonxe rumor a contra luz acollendo a morte repetición infinita de paisaxes afíns entrando a cegas nun soño febril na tormenta que reclama as súas sombras salvaxes caveiras espidas de prata vertixe que berramos sobre as nosas coirazas segredos pesando na luz do incendio estirpe abraiada ante a súa extinción sei que volveremos atoparnos outra vez Ondeando Non quero non estar ao teu lado Non quero non estar ao teu lado Cando espertes cando volvas do baño co pelo mollado Cando penses no que vas vestir Non quero non estar ao teu lado Cando volvas do traballo e abras unha botella de branco Non quero non estar ao teu lado Cando escoites o noso disco Cando estea asustado Non quero non estar ao teu lado Non quero non estar sempre ao teu lado
3.
Ondeando 03:27
Non quero non estar ao teu lado Non quero non estar ao teu lado Cando espertes cando volvas do baño co pelo mollado Cando penses no que vas vestir Non quero non estar ao teu lado Cando volvas do traballo e abras unha botella de branco Non quero non estar ao teu lado Cando escoites o noso disco Cando estea asustado Non quero non estar ao teu lado Non quero non estar sempre ao teu lado
4.
5.
O espigador 02:53
Entre a violencia Desta habitación Na que resistimos Negándonos A perder a esperanza Que queda baixo a dor Non te vaias nunca Non me deixes só Por favor Só son un ladrido No medio da cidade Unha folla seca Nun refacho cálido Un imbécil E un estafador pero Non te vaias nunca Non me deixes só Meu amor
6.
Nada colapsa Continúa a fuxida Desta terra mutilada Lembrando a túa respiración Loito de muxicas Voando sobre as costas Dun cabalo amortecido Lembrando o teu olor Porque nunca volverei mirarte, Nin abrazarte, Nin bicarte, Nunca volverei dicir Quérote
7.
Camiña sobre unha podremia ordenada respira o seu fedor segue sen cambiar nada sen comunicación camiña sen ira e sen medo até o desfile atroz porque ti es todas as posibilidades Todos os límites son desprezo Vergonza tras a traizón A beleza sempre é decadente dixo Danza de destrución Poida que todo estea perdido Poida que agora só quede o mellor Porque ti es todas As posibilidades E ao final todas somos O que todas cren que somos
8.
Na autoestrada quedan marcas de curvas imposibles, Liñas vacilantes que acaban directas contra a mediana. Cápsula de só. Unha bolboreta de frío atravesa o paso Os meus ollos quedan prendidos do seu salto. E teño sorte. Un dous, un dous, un dous. A autoestrada de noite parece un videoxogo. O negror máis opaco non me trabuca. Coma unha intermitencia, A miña xuventude unha liña de cocaína que ás veces Se torce. Detrás da miña órbita excítanse os volantes. E acelero tan rápido Como a este verso se lle vai a vida.
9.
Chego á casa Con esa melodía Gravada na miña cabeza A verdade é que non teño ningún sono Aperto o cinto para poder quitalo Aguanto a respiración Deixo caer o vaqueiro No parqué xeado Penso sobre a ausencia Sobre a súa palabra Sobre a súa raíz Non sei por que Fóra está cheo de xente Se fose pola maioría Estariamos mortas Dixeches xusto aquí lémbrome daquela hostia no estómago Río só Fronte ao espello Mentres fumo Bótote de menos Entro no baño E alí segue tirada a toalla que ten bordadas as túas iniciais e penso por un instante que non marchaches despois vou á cociña beber auga Quedo mirando a rúa O orballo caendo sobre a impotencia da noite Desfacéndoa Síntoo Dixeches sen mirarme Mentres o ceo se camuflaba Tras estes tellados mudos O heroinómano que pide na carnizaría A pintada contra España A nena que chora no segundo Os tulipáns Un puto fascista falando nun puto programa Todo iso lémbrame a ti hoxe Todo me lembra a ti hoxe Bótote de menos Isto é para contarche Que hai alguén Que está a pensar en ti Hai alguén Nunha casa Nun país Que está a pensar en ti
10.
son un lugar despois dun furacán tan arrasado que nin eu o recoñezo xa non creo que poida medrar outra cousa aquí que non sexa maleza eu só pretendía deixarche unha boa terra e non o conseguín pero quero que saibas que se algunha vez loitei por algo na miña vida foi por ti as luces dos faros fan brillar as ruínas sinto que aquí só vivan víboras agora xa non me queda máis nada que afundirme no lume entre estes muros vellos pero quero que saibas que se algunha vez loitei por algo na miña vida foi por ti
11.
Oxalá Teñas tanta sorte Coma min E te atopes Con alguén Tan marabilloso Oxalá Poidades facer Parte do camiño xuntos Coma nós E se sofres Será porque amaches E se sofres Será porque viviches

about

PREORDER VINILO EN FERROR RECORDS


Dedicado a Xoán

Todas as cancións compostas por Chicharrón.

Todas as letras escritas por Alberto M. Vecino agás «Highway to heaven», poema escrito por Yolanda Castaño, contido en «O puño e a letra» (Xerais, 2018) e interpretado por Kike J. Díaz no seu cómic poético «Highway to heaven».

Producido por Rubén Domínguez.
Gravado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma do Hío, Cangas do Morrazo en setembro do 2020.

Os acordeóns de Rosalía Fernández Rial e os saxos de Sara Iglesias gravounos Matías Unruh no local de ensaio de Chicharrón en Carballo en setembro do 2020. Xiana Arias e Berio Molina gravaron as súas colaboracións en Santiago de Compostela entre outubro e decembro do 2020. Marco Maril gravou os seus sintetizadores na Habitación dos Paxariños en Vigo en setembro do 2020. Rubén Domínguez gravou a Mar Catarina en Madrid e a si mesmo en San Vicente. As gravacións de campo de «Xogando nunha praia de entullos» foron feitas en Madrid durante o confinamento de marzo a maio do 2020. As outras, en San Vicente entre 2019 e 2020.

«Ondeando», «O espigador», «Oda aos vagalumes», «Vas quedar a mirar?» e «Xogando nunha praia de entullos» foron mesturadas por Ibán Pérez no Estudio Terraforma do Hío en decembro do 2020.

«Videntes namoradas», «Outono de fíos eléctricos», «O mes sen minutos», «Por canto non o facemos?», «Highway to heaven» e «Procesos de oxidación» foron mesturadas por Matías Unruh en Ogrobe en xaneiro do 2021.

Masterizado por Cem Oral en Jammin Masters, Berlín, en xaneiro do 2021.

Editado por Ferror Records.

credits

released April 7, 2021

Agradecementos:

Mar Catarina, Manuel Domínguez Pérez, Manuel Domínguez Fernández, Carmen Pérez, Bernarda Nogueira, Suso Serantes, José Pérez Theodosio, Nieves García Becerra, Inma Pérez, Paco López, Julieta e Manuel López, Ibán Pérez, Matías Unruh, Sara Iglesias, Cibrán Tenreiro, Teo Cid, Brais Otero, Charles Rapante, Rosalía Fernández Rial, Anxos Fazáns, Xiana Arias, Berio Molina, Marco Maril, Manuel Tarrío, Pepe Vacaloura, Mariluz Cures, Pablo Mella, Raúl Mella, Yolanda Castaño, Alfonso Zarauza, Xavi Font, María Yáñez, Bar Stop do Hío e Ferror Records.

license

tags

about

Chicharrón Carballo, Spain

"Y canta, luego, si puedes, si nadie escucha, lo que te queda por no decir". Ida Vitale

contact / help

Contact Chicharrón

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Chicharrón, you may also like: