We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Erosi​ó​n

by Chicharrón

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Sinto que isto remata que sigo como un xogador nunha partida perdida case desde que comezou que xa fixen todo por última vez sen nin sequera sabelo que son un barco fantasma encallado na costa da morte son o seu silencio loitando abrazado a un vendaval suplicándolle que non se fose ao chegar a mañá xunto a restos dunha canción que baten asustados no fondo do meu estómago son terra cuspida sobre a súa memoria unha sombra ceibada entre sementes ardendo un delirio de coiro no baleiro da súa danza
2.
Xa entraron os que a van a levar asasinos enterrando viva a súa culpa xunto a raíces podres e vermes encolléndose asasinos de todas as posibilidades lembrando o horror vomitando odio sobre a súa beleza só é un pesadelo déixame entrar para espertarte e xa verás como despois virá a paz camiña da man da súa nai sobre a auga sanguiñenta da praza tentando saír fóra de control buscándonos apertando os nosos ollos ata cegarnos completamente tirándonos dos brazos arrincándonos os dentes sabendo que nós cantaremos vitoria ao final
3.
As súas bragas enroscadas no chan semellan unha coroa de espiñas unha talla volvendo ser árbore nunha ermida reconquistada polo bosque unha sinfonía de pedras tragando a súa ilusión invádeme hai teas brancas de anestesia sobre o noso mobiliario ela mira descalza como arrastra a súa sorte o verán na dorna que atravesa esta calma de imáns e cristal invádeme ata deixar de existir
4.
9 mm de xustiza atravesando este país de arteiros e psicópatas sen rostro e sen fin non sei que me pasa non sei que quero todo o que crean é merda desde a súa torre de marfil esperando a que pase esta miseria sen ti e sen min non sei que me pasa non sei que quero non sei que me pasa teño moito medo non sei que me pasa non quero seguir non sei por que me pasa isto a min non sei por que por que? cando empeza o final feliz?
5.
Abro a porta e está ela sentada á beira do noso fillo cantándolle suavemente nanas ata que queda durmido o único que quero é coidarte coreografías salvaxes de campos de millo abandonados que esconden a tumba dunha lagoa pequena baixo un ceo asustado o único que quero é coidarte e que enfermes para poder coidarte e que morras para poder coidarte sempre
6.
A luz do matadoiro escorrégalle polas súas entrañas de leite e alcatrán cambiando o negror da asfixia na mañá dun deserto morrería se non dixese que te quero correndo cara ao seu interior remitindo os velenos un río subterráneo que roza este val de dunas e berros morrería se non dixese que te quero moito
7.
O futuro é un espello retrovisor sóltame e déixame ir lonxe de todo este inferno onde ninguén teña que sufrir e alí estarei esperándote inmóbil na beiravía chorando antes de chegar a unha guerra sublime que xa non se pode parar e alí estarei esperándote estea onde estea estarei esperarándote amor
8.
No fondo dun decorado baixo follas artificiais esperanzas que arrincan do meu peito coma se fosen puñais eu só necesito que me abraces ata borrar este terror retallos dun vestido de noiva flores brancas sen olor dime que non pasa nada que xa pasou o peor só necesito que me abraces ata borrar este terror
9.
Sede 03:10
Néboa salgada aloumiñando as cinzas dunha fogueira aloumiñando crebas secas algas e luces brandas arrefriando o sangue das súas veas néboa salgada aloumiñando en círculos a nosa pena ocupando aos poucos os espazos que deixa a nosa pena un insecto buscando a saída nas ventás que pecha a nosa pena o sol rendéndose na beira a nosa pena pero agora que estás ao meu lado outra vez xúroche que xamáis espertarei
10.
Cando devala 01:48
É un consolo saber que non sentirás nada cando segue os meus brazos vento que ti levantas é un consolo saber que seguirás coa túa vida sen poder nin imaxinar que acabaches coa miña é un consolo saber que non oirás isto Que te quixen moitísimo máis Do que nunca ninguén quixo

about

Erosión é un disco que escribiu Alberto o último mes de vida da súa nai. É música como consolo e tamén como memoria, para lembrar e tamén para tentar comprender. Son dez cancións que gravamos este Nadal en comunidade e alegría. Non cambiamos nin unha coma das letras e respectamos a orde cronolóxica na que se compuxeron. Erosión é un disco duro, orgánico, libre e feminista. É un disco vivo unido á morte. É un disco ao redor dun berro e do seu silencio. É un disco que escoita á natureza. É un disco que mira cara arriba. É un disco para bailar, se cres que bailar é estar de acordo en reorganizar o que un foi ata ese momento.

credits

released March 1, 2022

Erosión foi composto por Chicharrón entre outubro e decembro de 2021. Todas as letras escritas por Alberto M. Vecino.

Producido por Matías Unruh.

Gravado no noso local de ensaio en Carballo durante varias xornadas alegres en comunidade entre o 3 e 8 de xaneiro de 2022, co equipamento técnico de Matías. As baterías de Adrián foron gravadas a mediados de xaneiro en Ogrobe.

Alberto M. Vecino: voces e guitarras acústicas

Mara Pérez: voces

Rosalía Fernández Rial: acordeóns

Rubén Domínguez: teclados farfisa

Matias Unruh: arranxos de guitarra acústica e eléctrica, pianos e sintetizador.

Adrián Charlín: Baterías


Mesturado en Ogrobe por Matías Unruh en xaneiro de 2022.

Masterizado por Ibán Pérez nos estudos Terraforma (O Hío, Cangas do Morrazo) en febreiro de 2022.

Escultura: "Maternidade mártir" de Francisco Remiseiro.
Fotografía da portada: Pablo Mella.
Deseño gráfico: Raúl Mella.

Editado por Ferror Records 2022

license

tags

about

Chicharrón Carballo, Spain

"Y canta, luego, si puedes, si nadie escucha, lo que te queda por no decir". Ida Vitale

contact / help

Contact Chicharrón

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Chicharrón, you may also like: